Moi bós partidos dos equipos alevíns femininos

A pesares das derrotas de ambos equipos as nosas nenas amosaron na mañá de onte detalles moi bós durante os dous encontros.

Comezaba xogando o grupo Lemaco as 10.30; mermado o equipo en número de xogadoras; contra un Camariñas que tiña nenos moito mayores e fortes ca elas, inda así todo o equipo pelexou e souperon estar atentas en todo momento cousa da que careceron ata o de agora. Sólo houbo algúns momentos nos que as nenas non sabían moi ben que facer pois o Camariñas presionaba constantemente. A pesar da derrota este partido reflexou que o equipo pelexou durante os catro cuartos, intentando en todo momento que os de camariñas lanzase sempre con oposición. No ataque houbo moitas ocasións claras de gol pero os porteiros souperon parar ben os lanzamentos das de Carballo.

Grupo Lemaco Xiria-Camariñas A: 0-8

1º Cuarto: 01-15

2º Cuarto: 05-17

3º Cuarto: 00-11

4º Cuarto: 01-10

Grupo Lemaco Xiria: Carla Martínez , Julia Verdes (4), Xulia Suárez, Andrea López , Cecilia García, Nerea Figueiras (3).

As 11.30 xogou o Garaysa un moi bó encontro contra un Camariñas B que ten nenas que levan xogando xa varios anos e xogan incluso en categoría infantil. A destacar neste encontro a defensa onde calquera das nenas si vian que superaban a unha compañeira pronto corrian a axudar para evitar que as camariñanas lanzasen a portería. No ataque souperon desmarcarse ben o que propiciou claras ocasións de gol que por mala sorte non entraron en numerosas ocacións. Tampouco se deron por vencidas e pelexaron durante todo o encontro.

Camariñas B-Garaysa Xiria: 0-8

1º Cuarto: 06-03

2º Cuarto: 08-03

3º Cuarto: 09-02

4º Cuarto: 05-03

Garaysa Xiria: Sara Rial (6), Mencía Rodriguez (1), Sofía Rey , Elena Rodriguez , Noa Millán, María Pombo, Noa Quintela e Sam Rodriguez (3).