Laber Xiria – Bm Xallas: 6 – 2 (6-2/5-3/8-4/5-6)
Laber Xiria: Hugo García (9), Manuel Pérez (7), Lucas Amado, Manuel García, Marco Rodríguez (3), Álvaro Vila (5).
Chegaba o conxunto benxamín do Laber Xiria ao partido cas baixas de Mateo Pallas e Aday Gómez, o que fixo que os seus compañeiros tiveran que multiplicarse para suplilos. Traballaron a reo para conseguilo, e grazas ao xogo colectivo e a achega de todos sacaron o partido dun xeito máis que notable.
Oak English Centre Xiria – Grupo Lemaco Xiria: 7-1 (5-3/5-5/6-5/7-1)
Oak English Centre Xiria: Samuel Veiga (5), Pablo Veiga (4), Alejandro Tato (2), Marcos Amarelle (5), Sergio Varela, Nicolás García (1), Álvaro López (3), Alberto Rodríguez (3).
Grupo Lemaco Xiria: Erik Vázquez (1), Miguel Cambón (2), Samuel Regueira (8), Xurxo Fraga, Alejandro Vázquez (1), Daniel Cambón (2), Manuel Puente.
Moita igualdade no derbi entre os equipos benxamíns de Escolas Balonmán Xiria, o OAK puido contar con todos os seus xogadores mentres no Grupo Lemaco non puido ser da partida Ángel. Todos os cuartos, agás o derradeiro no que o Grupo Lemaco estivo moi desafortunado de cara a portería, se decidiron nos derradeiros trinta segundos. Bonito espectáculo o ofrecido no Pavillón do CEIP Fogar, no que destacou o xogo colectivo de ámbolos dous conxuntos, e a deportividade, tanto na pista coma nas bancadas.












