Moito en xogo nesta fin de semana

O Calvo Xiria desprázase este próximo Sábado á Cañiza para disputar un complicado encontro ante o Saeplast, un rival dos que máis creceu nas últimas tempadas e que na actual está a mostrarse como un conxunto capaz de tutear aos mellores da categoría. É por iso que os de Carballo viaxan coa seguridade de que os locais lles van a obrigar a mostrar o seu mellor nivel en todas as facetas do xogo e unha atención sobresaliente para conseguir outros dous puntos vitais. Volver recuperar as mellores prestacións defensivas e merodear a media de goles encaixados en contra, antóllase a primeira medida esencial para poder saír vitoriosos do municipal da Cañiza, do mesmo xeito que o dominio do ritmo dentro do contraataque e do ataque posicional. O encontró disputarase no Municipal da Cañiza as 18:00H do próximo Sábado.

O Goldie Xiria viaxa ata Vigo para enfretarse ao A.D. Carballal, no pavillón Do Loureiro ás 16:30. O equipo vigués sempre é un rival difícil de bater e máis se xoga como local. Pero as de Carballo nunha liña ascendente de xogo queren seguir sumando puntos e subir na clasificación xeral; na que agora mesmo son quintas. Se manteñen as cifras goleadoras dos últimos partidos teñen altas probabilidades de facerse coa vitoria, nunha xornada na que descansa o líder da categoría, o Bm Moaña.

Na División De Honra de base, o Laber Xiria xuvenil visitará o Municipal de Porriño o Sábado as 12:45. Os de Carballo, que levan una segunda volta espectacular, desexan continuar ca súa racha fronte o derradeiro clasificado e para iso terán que que afrontar o partido con moita seriedade e evitar calquer despiste.

Os cadetes do Grupo Lemaco Xiria enfróntanse ao Rasoeiro Tecfrisa no Novo Monte Dá Vila, no Grove. Fano o sábado ás 18:00. Un horario pouco habitual para o conxunto carballés que espera manter a boa liña defensiva, nun partido que se lle pode complicar de non impoñer un ritmo alto de xogo.

Tamén viaxa a Porriño o Garaysa Xiria infantil, que tentará voltar a sumar dous puntos ante un rival que pode ser asequible en caso de que os de Carballo completen un bo encontro. Na ida, os porriñeses foron capaces de levase a vitoria, pero tan só por dous goles. Veremos si nesta ocasión os bergantiñán poden facer o mesmo a domicilio. O enfrontamento será o Sábado as 11:15 no municipal de Porriño.

As infantis femininas do Punta Del Este Xiria, viaxan o Sábado a Vigo para medirse as 11:30 no pavillón de Navia a o conxunto olívico Galicia Social Glaserco. É un encontro asequible para as bergantiñáns que tentarán facelo moi ben e deste xeito traer os dous puntos para Carballo.

Na segunda cadete feminina, o Hierros Varela Urbieta xogará un complicado derbi o Sábado as 10:30 no pavillón de Galán, en Arteixo. Será un encontró disputado entre dous conxuntos que aspiran a estar o máis arriba posible.

Tamén en segunda, pero desta volta en categoría infantil masculina, o Marmolería J. Rey, actuará como local co BM Ribadosar.es o Sábado as 12:00h no Vila De Noia.

Os alevíns do Metalúrgica BB desprázanse a Culleredo (Pavillón de Almeiras), para enfrontarse ao BM Culleredo O Tarrío o Sábado as 13:00h. Será un enfrontamento vistoso entre o segundo e terceiro clasificados, inda que os Coruñeses, situados por diante dos de Carballo, teñen un partido menos.

Por último, os prebenxamíns gozarán dunha xornada máis de partidos o Sábado pola mañán, neste caso no pavillón O Areal en Camariñas.