Montaxes Carballo B cae facendo unha boa actuación

Montaxes Carballo B cae facendo unha boa actuación

O encontro ante o favorito da Copa non asemellaba sinxelo e axiña se fixo patente cando o OAR espetaba o (1-4) nos primeiros compases do partido grazas a imprecisión dos Carballeses e o acerto na escadra azul. Sin embargo, o Xiria se afianzaba na liña dos seis metros para poñer unhas táboas no marcador que permanecerían ata que, preto da chegada ós vestiarios, os contraataques do OAR romperan as liñas locais sen presencia de estructura no repliegue, chegando coa maior diferenza no minuto 30 (14-18).

Na segunda metade o intercambio de tantos se mantivo a paso firme con bo xogo colectivo por parte de ambos conxuntos, pero a ausencia de pivote específico ante o 6:0 en bloque fíxose notar malia o esforzo de Xabi e Rubén. A defensa presionante no remate do encontro non foi suficiente para disputarlle os puntos a un sólido OAR, que levou os punto do Vila de Noia na primeira xornada da Copa Federación (30-32).

MONTAXES CARBALLO XIRIA B 30 – 32 TALENTO GRUPO INTERNACIONAL OAR CORUÑA

O Montaxes Carballo B debe manter as boas sensacións para enfrontarse ó Ribadosar en Santiago o sábado ás 16:30.