SEIS DO NADAL – COIA 31 – 40 MONTAXES CARBALLO XIRIA B
A visita do Xuvenil B a Vigo o pasado sábado comezou cunha boa imposición do Xiria na pista, que daba problemas ó ataque local cunha 6:0 con profundidade, recuperando numerosos balóns e correndo todos os contraataques. Axiña o electrónico amosaba unha clara vantaxe co (4-10) inicial, pero un tempo morto dos vigueses aportou novas ideas en ataque para atopar ocos e chegar ata a portería de Izan e Xano. Sin embargo, o partido continuaba na súa liña ata o (12-20), cando un problema no marcador obrigou a parar o tempo durante varios minutos.
Na reanudación quedou patente que o conxunto verde perdeu toda a intensidade, recibindo un parcial de (6-1) cunha superioridade numérica en pista. A defensa deixou de funcionar e se permitiron as penetracións dun SEDONA que apostaba pola verticalidade da primeira liña, chegando ó interludio cunha reducida marxe de cinco tantos.
Na volta á pista o Xiria aínda tivo peor dinámica defensiva que na primeira metade contando goles por ataques. Pola contra, un ataque moi superior xeraba situacións claras para a segunda liña e situacións 1×0 de contraataque, pero o éxito da portería local e os numerosos erros de lanzamento evitaron que o Xiria se despegara con claridade no marcador ata os derradeiros minutos de xogo.


