O Xiria comezaba con boas sensacións o encontro mentres se posicionaba por enriba no marcador. Sin embargo, a comodidade estaba amenazada pola ausencia de actitude defensiva, que permitiu ós visitantes chegar ata a meta de Xano sen ningún tipo de impedimento. O SEDONA non tardou moito en retomar o pulso ó encontro, pero un cambio de actitude nos carballeses puxo límites nas accións 1×1 dos vigueses para chegar ó descanso pola diferenza mínima, acumulando numerosos erros delanzamento e perdas de balón (13-14).
Na segunda metade e con mellor actitude, os xuveniles deron máis axudas e pecharon as penetracións da primeira liña visitante, pero a diferenza da primeira volta o SEDONA, coa lección aprendida, traballou ben os repliegues defensivos evitando que o Montaxes Carballo despegara no electrónico. De novo, os erros reiterados e a falta de ideas co balón nas mans lastraron a un equipo que non se atopaba cómodo en ningún momento. O empate deixa mal sabor de boca nun partido para esquecer.
MONTAXES CARBALLO XIRIA B 27 – 27 SEIS DO NADAL – COIA