Montaxes Carballo B non foi quen de arrebatar os puntos a un sólido primer clasificado.
MONTAXES CARBALLO XIRIA B 21 – 26 TALENTO GRUPO INTERNACIONAL OAR CORUÑA 1952
O partido do Xuvenil B do Xiria comezaba con paridade no electrónico durante os primeiros compases. Dende o inicio o intercambio de goles non deixaba atisbar un claro vencedor. Do (6-6) inicial, o OAR colleu a vantaxe ata chegar ó descanso (12-14).
Na segunda metade as defensas resultaron moito máis efectivas, frenando o ritmo do partido. A falta de folgos e o cansanzo por parte dos locais ralentizaron o xogo e impediron atopar situacións claras de gol na defensa coruñesa, que pechaba a cancela xunto a unha portería eficaz (21-26).
Se ben o Montaxes Carballo B traballou intenso na liña de seis metros para reducir a capacidade goleadora que amosa o OAR en cada partido, non foi suficiente para obter a vitoria debido á baixa efectividade en ataque.
Para a semana que ven, o Xiria viaxa ata Lugo para enfrontarse a un CP Lucense que quere lograr os puntos perdidos en Carballo na primeira volta.