Notable xornada para os nosos equipos benxamíns e alevíns masculinos

Esta fin de semana disputábase a terceira xornada de liga en Bm5 para os nosos equipos benxamíns e alevíns masculinos. Unha xornada na que os nosos equipos acadaron moi bos resultados en todos os partidos. O sábado a competición disputábase en Carballo (Colexio CEIP Fogar) e o domingo os nosos viaxaron á cidade de A Coruña (Pavillón San Francisco Javier).

 

Na categoría alevín, o Lista Xiria tocáballe xornada de sábado e enfrontábase ao Bm Camariñas A no Pavillón CEIP Fogar de Carballo. Os nosos rapaces estiveron moi enchufados durante todo o partido e conseguiron gañar 3 tempos de 4, para así conseguir a vitoria.

Lista Xiria vs Bm Camariñas A: 10-6

Andrés Pombo, Hugo Rivas, Lucas Fajardo, Nicolás Mejuto, Pablo Fraga, Rubén Nogareda e Xabi Fernández.

1º cuarto: 8-5

2º cuarto: 10-7

3º cuarto: 7-9

4º cuarto: 14-4

Ao outro equipo alevín, o Telepizza Carballo Xiria tocáballe viaxar na xornada do domingo á cidade de A Coruña (Pavillón San Francisco Javier) para enfrontarse ao sempre complicado Investo Oar Coruña. Os de Carballo, conseguiron gañar os 3 primeiros tempos, e aínda que se deixaron levar no último, conseguiron tamén a vitoria.

Bm 5 Investo Oar Coruña vs Telepizza Carballo Xiria: 6-10

Saúl Fuentefría, Marcos Varela, Andrés Pedreira, Álvaro Gómez, Unai Cotelo, Xano Rama, Nicolás Lorenzo e Daniel Marta.

1º cuarto: 1-10

2º cuarto: 10-15

3º cuarto: 5-9

4º cuarto: 13-9

Por outra parte, na categoría benxamín, na xornada do sábado enfrontábanse dous equipos de Xiria, o 7Metros Xiria e o Mr. Nutrición Xiria xogaban no pavillón Ceip Fogar de Carballo un partido no que os rapaces de 7Metros impuxéronse con solvencia aos seus compañeiros de Mr. Nutrición.

7Metros Xiria vs Mr. Nutrición: 12-4

7Metros: Héctor Dubra, Tomás Añón, Brais Sánchez, Mateo Viña, Hugo Millán, Pablo Seoane e Iker Martínez.

Mr. Nutrición: Alejandro Pose, Marco Núñez, Fallou Thioune, Manuel Pombo, Mateo Cerviño, Álvaro Cotelo, Xabi Gómez e Héctor Antelo.

1º cuarto: 10-8

2º cuarto: 6-1

3º cuarto: 10-5

4º cuarto: 9-3

Aos outros dous equipos benxamíns, o Aislamientos San Juan Xiria e o TLM Xiria, tocáballe xornada de domingo no Pavillón San Francisco Javier de A Coruña. Primeiro foi o turno do Aislamientos San Juan que se enfrontaba ao Atlánticas nun partido no que os de Carballo foron moi superiores e conseguiron gañar todos os tempos.

Atlánticas vs Aislamientos San Juan Xiria: 4-12

Pablo Puente, Román Pérez, Alberto Casal, Lucas Radio, Desale López e Sergio Pérez.

1º cuarto: 1-8

2º cuarto: 0-13

3º cuarto: 1-11

4º cuarto: 1-11

No último partido da xornada tocoulle o turno ao TLM Xiria que se enfrontou ao Bm Brigantium, un conxunto no que tódalas súas xogadoras empezaron este ano a xogar ao balonmán, e os nosos rapaces, que souberon deso, intentaron axudarlles limitando o seu bote de balón.

Bm Brigantium vs TLM Xiria: 4-12

Dani Pan, Gonzalo García, Gael Romero, Manuel Pombo, Rodrigo Rama, Roi Pérez, Iker Lema e Diego Varela.

1º cuarto: 5-15

2º cuarto: 4-14

3º cuarto: 1-10

4º cuarto: 3-15