Seguen as boas novas para as Escolas Balonmán Xiria coas convocatorias da Preselección Galega.
Seis xogadores das Escolas Balonmán Xiria foron chamados para os adestramentos das correspondentes categorías da Preselección Galega de Balonmán. Trátase dos habituais Andrés Vila do Laber Xiria xuvenil, Alejandro Gómez e Mario Cancela do Grupo Lemaco Xiria cadete e os infantís do Garaysa Xiria Julián García, Esteban Puñal e Martín Fuentes. Os xogadores adestrarán este Domingo día 17 no Multiusos da Xunqueira de Pontevedra.
Ademáis, na Preselección Galega Xuvenil estará o carballés Adrian Dubra como segundo adestrador.