Cartel Carballo Handball Festival 2019

NOVA EDICIÓN DO «CARBALLO HANDBALL FESTIVAL».

Falta menos dun mes para que a v edición do «CARBALLO HANDBALL FESTIVAL» de o pistoletazo de saída no que promete ser, de novo, unha Semana Santa onde os máis pequenos gocen dun torneo onde o balonmán enche de cor os pavillóns e as rúas de Carballo.

A estas alturas, o evento conta xa con trece clubs inscritos, que viaxarán con 51 equipos de diferentes categorías. Unha mestura de entidades tan representativos no balonmán nacional como Ademar de León, Gijón Jovellanos ou BM. Sinfín de Santander, uniranse a outros clubs máis modestos e de recente creación como BM. Rodeiro ou BM Brigantium nunha idea común por compartir experiencias e convivir tres días con nenos e nenas doutras cidades, tendo como marco o deporte do balonmán e todo o que iso implica en canto a valores e aprendizaxe.

Os nosos amigos do BM. Pacense (Badaxoz), serán os máis decididos nesta ocasión e farán máis de seiscentos Km cun autobús repleto de nenos e nenas en idades que van desde os 8 anos ata os 13. Os veciños asturianos do BM. Ribadesella, repetirán por terceiro ano consecutivo cun conxunto infantil feminino de primeiro ano e uniranse na cartelería á os galegos Atl. Novás, BM. Rasoeiro, BM. Narón, BM. Camariñas, BM. Cangas, BM. Lucense…..

En definitiva e a día de hoxe, contamos con 480 participantes entre xogadores e técnicos, aos que haberá que engadir aqueles clubs que faltan por facer a súa inscrición. A recado que o número se acabará situando por encima dos 550, que engadidos aos árbitros, mesas, colaboradores e familiares que viaxan cos respectivos clubs, sitúannos nun evento deportivo a ter moi en conta dentro da Semana Santa de Carballo cun movemento importante entre o Pavillón Vila De Noia e o do CEIP Fogar de máis de oitocentas persoas.

Cartel Carballo Handball Festival 2019