Na mañán do sábado o conxunto cadete do Xiria non deixou opción os rivais dende o conmezo cunha defensa e unha portería moi eficaces. Os coruñeses só atopaban espazos dende o 1×1 de extremo esquerdo, mentres que a mobilidade de balón e o reparto de responsabilidades en ataque foi surtindo efecto para chegar á pausa (13-5).
Na segunda metade novos folgos no OAR deron opcións no 1×1 e atopando a pivote para chegar á meta de Iker, pero os locais mantiñan a distancia no marcador a pesar de todo, ata que no minuto 40 volveron a impulsarse, ampliando a marxe ata o (30-13) final.
O Xiria permanece na cabeza da clasificación xunto a Línea21 A, a tres puntos do terceiro da Liga. Agora o Xiria viaxa ata Oleiros para enfrontarse o Balonmán Atlántico e buscar manterse nesa primeira posición tan desputada.


