Nova vitoria do Calvo Xiria

Oitava vitoria seguida do noso senior feminino que serve para manter o liderato unha semana máis.

O Calvo Xiria visitaba ó Brigantium na mañá de onte na novena xornada da primeira autonómica. A intensidade local era palpable dende o comezo, pero a eficacia carballesa en ataque limitaba calquera opción local. A boa actuación en portería permitía correr o Xiria e chegar ó descanso con sete goles de diferenza (12-19).

Tralo descanso, a intensidade local foi a máis en defensa e a relaxación das nosas permitía accións moi claras de lanzamento das coruñesas. O ataque do Xiria liderado por Marta e Lara seguía a marcar difenrenzas, pero a incomprensible agresividade  local terminou marcando un encontro dominado dende o comezo polas nosas.

Resultado final 31-40 e novos dous puntos para un Xiria que non deixa de medrar semana a semana e que se medirá á A.D. Carballal a próxima semana. O contrapunto do encontro púxoo Alba, que tivo que retirarse da pista tras unha acción de xogo e está pendente de probas médicas para coñecer o alcance da lesión.