Nova vitoria do Garaysa ‘B’ para colocarse líder de grupo

O Garaysa Xiria B consegue outra vitoria grazas a unha gran segunda metade, que lle fai colocarse líder do grupo A da Liga Prata.

Garaysa Xiria B 34 – Bm Abegondo 24

Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo Seoane, Manuel P. Mira, Diego Varela, Héctor Castro Manuel P. Fieira, Rodrigo Castiñeiras, Dani Valencia, Pablo Martínez, Iker Martínez e Antón Cortés.

Incidencias:  Partido correspondente á 7ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

Enfrontábanse os dous primeiros clasificados do grupo A da Liga Prata infantil masculina e o encontro comezaba con moita intensidade por parte dos dous equipos. Os de Carballo, mediante boas accións ofensivas entraban algo mellor no encontro, aínda que iso sería un espexismo. Os visitantes apretaron, e o Garaysa B baixou a intensidade defensiva e chegouse ao descanso cun 15-18 en contra.

A segunda metade foi totalmente carballesa, que dende a defensa, conseguiu darlle a volta ao encontro e deixar ao equipo rival en tan só 6 goles, para irse cun parcial de 19-6 favorable dende a saída dos vestiarios.

O Garaysa B consegue así a súa séptima vitoria e non coñece a derrota no que vai de tempada.