O Garaysa Xiria B consegue a súa undécima vitoria e mantense sen perder no que vai de tempada.
Ribadosar 22 – Garaysa Xiria B 34
Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo Seoane, Diego Varela, Héctor Castro Manuel P. Fieira, Rodrigo Castiñeiras, Dani Valencia, Pablo Martínez, Iker Martínez e Antón Cortés.
Incidencias: Partido correspondente á 11ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Quiroga Palacios (Santiago).
Chegaba a xornada número 11 da Liga Prata infantil masculina e facíao coa volta do público aos pavillóns. O encontro arrancaba con pouca intensidade defensiva por parte dos dous equipos, onde os ataques mandaban no choque. A primeira metade, que non foi a mellor por parte visitante finalizaba cunha vantaxe ampla no marcador grazas á efectividade no lanzamento.
A segunda metade foi un calco da primeira, e o Garaysa aproveitouse da vantaxe no marcador para sentenciar o partido e levarse así dous novos puntos.
A vindeira semana, O Garaysa B visita a pista do Oar Coruña para intentar seguir coa boa racha.