Nova vitoria do Garaysa Xiria na Copa

Disputábase en Carballo o partido correspondente á xornada 4 da Copa Federación, entre o Garaysa Xiria e o SD Teucro. Os carballeses que manteñen unha boa liña de xogo neste tramo final da tempada, levaron unha vitoria que lles mantén na pelexa por alcanzar as semifinais de Copa.

O partido transcurriu favorable desde o inicio, xa que a defensa 5:1 exposta polos xogadores de Brais Puñal, atrangantouselle ao novo conxunto visitante. En ataque, Pedro Porteiro dirixía as operacións locais e aínda que con pequenos altibaixos foi gañando confianza co paso dos minutos. Mediada a primeira metade, e co marcador favorable ao Garaysa, chegaron os cambios e a frescura nas pernas dió unha vantaxe de 14 a 8 ao descanso.

Na continuación, o Teucro xogaba mellor; e recortaba diferenzas, ante a pasividade defensiva e a pouca profundidade da defensa do Xiria. Con todo, en ataque posicional, os locais mantiñan os números; simplemente o acerto a portería, reducía ou ampliaba a vantaxe. Os de Xiria, necesitaban rematar o partido, e os cambios axudaron a apontoar a defensa e con iso facerse cos dous puntos.

A semana que vén, última xornada da fase de grupos, e o Garaysa Xiria viaxa ata Pontevedra para enfrontarse ao Cisne nun oco por entrar en semifinais.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar, en Carballo, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: José Henrique Folgoso do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 29 (14+15) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás García, Alberto Rodríguez, Pedro Porteiro, Samuel Regueira, Ángel Viña, Erik Vázquez, Pablo Veiga, Xurxo Fraga, Samuel Veiga, Miguel Cambón.

S.D. TEUCRO FRIGORÍFICOS MOLDES 23 (8+15) David Pintos, Pedro Gómez, Anxo Soliño, Pablo Escudero, Anxo Barco , Agustin Borel, Salvador Montes,  Javier Caramés , Pedro Portela, Martín Justo, David Senra .