12ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino
Sar Redondela 34 – Grupo Lemaco Xiria A 40 (16-20)
Na mañá do sábado o Grupo Lemaco disputaba a domicilio o seu partido diante da Sar. Os axustes defensivos da defensa 6:0 coa que saíron os carballeses de inicio non resultaron efectivos, a Sar marcaba con facilidade e o Xiria non dominaba o partido. O troco a unha defensa 5:1 profunda, permitía frear a circulación do contrario e ir podendo apremar sobre o balón, na recta da primeira metade o equipo xa dominaba e daba sensacións óptimas de facerse cos dous puntos en xogo.
Na segunda metade, si ben o Grupo Lemaco desperdiciou moitos dos lanzamentos claros no ataque, foi quen de manter diferenzas e facerse folgadamente coa vitoria .
Sar de Redondela 34 (16): Breogán Fajinas, Pedro Ferreras 2, Iago Carballo, Román Lago 5, Ramón González, Miguel Vidal , Guillermo Lago 10, Javier Ponte 1, Guillermo Munillo 6, Manuel Vilas, Adolfo Fernández 10 e Michael Iglesias
Grupo Lemaco Xiria A 40 (20): Iago Sande e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 3, Marcos Suárez 11, Nico Cancela 3, Brais Suárez 2, Simón Viña 2, Aday Gómez, Alvaro García 1, Maxi 2, Dani Periscal 7 e Jorge Rodríguez 3 e Marcos Varela 6.
Arbitrou: Marcos Pérez