NOVA VITORIA DO GRUPO LEMACO B PARA PECHAR ESTA PRIMEIRA FASE

Grupo Lemaco Xiria B 38 – Balonmán Línea 21: 18 – (18-9)

Quedaba pendente a derradeira xornada para rematar esta fase e o Grupo Lemaco conseguía una nova vitoria diante do coruñés Línea 21.
Intentaba o Xiria darlle continuidade ao ataque, pero as facilidades do rival facían que buscase demasiado pronto a portería, pronto acadaría vantaxe no marcador o equipo local, moi superior ao Liña 21. Defensa aberta dos carballeses que atopaban o balón con facilidade para sair a contra e anotar.
Si ven no ataque o Grupo Lemaco chegou a elaborar ben conseguindo boas opcións de lanzamento, atopouse co mellor xogador dos contrarios, o seu porteiro que atallou en numerosas ocasións os lanzamentos que parecían francos diante da meta rival.
Remata o Grupo Lemaco B, campión de esta fase, en espera do formato que decida a Federación galega para as vindeiras datas

Grupo Lemaco Xiria B 38 (18): David Pensado, Bruno Facal 4, Manuel Rey 5, Manuel Pérez 3, Marcos Amarelle 6, Pablo Veiga 6, Hugo García 3, Pablo Suárez 7, Miguel Cambón 3, Angel Villar 1 e Dani Bello.

Balonmán Línea 21: 18 (9): Víctor Pérez 1, Brais Rodríguez, Diego Sala 9, Hugo Vázquez, Víctor Sala, Segundo Suárez 3, Jorge Sánchez 1, Miguel Rial 1, Hugo Bello, Isaac García 3 e Martín Vinagre.

Arbitraron: Henrique Folgoso e Manuel Pazos