Nova vitoria do Grupo Lemaco Xiria

Partido correspondente á xornada 6, na división de honra cadete masculina. O Grupo Lemaco Xiria recibía no Vila de Noia, ao Rasoeiro, co obxectivo de seguir co refacho de resultados e o bo xogo demostrado nas últimas semanas.

O Grupo Lemaco, impoñía o seu ritmo de xogo desde o inicio do encontro e marcaba as primeiras diferenzas no marcador. Os visitantes facían unha defensa mixta sobre Mario Cancela desde o minuto 5; pero o equipo carballés coas ideas de xogo claras e baseándose no bo facer defensivo chegaba ao minuto 20 cunha diferenza de + 10 ao seu favor; que mantería durante os 10 minutos restantes da primeira metade a pesar de xogar en dúas ocasións en inferioridade númerica.

Xa na seguda metade, os do Xiria, mantiñan o ritmo defensivo, pero o 6:0 exposto polos do Grove, se lle atragantaba por fases. Aínda así tamén conseguía impoñerse na segunda metade.

Ao final do partido o resultado foi de 31 a 20 coa participación goleadora de case todos os membros do equipo, que raiou a bo nivel durante os 60 minutos na parcela defensiva.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia de Carballo ante uns cen de seareiros. Colexiados: Pablo Torreiro e Nicolás Castro do colexio galego. Excluíron a Daniel Mallo (22´), Carlos Varela (27´), Aaron Rodríguez (32´), Esteban Puñal (36´) por parte del Grupo Lemaco Xiria, namentres o Rasoeiro Bm non sufriu ningunha exclusión. Unha tónica que se está a repetir na tempada e empeza a ser preocupante nos partidos do Xiria, que ve como as numerosas ocasións de gol non son señaladas da mesma maneira nas dúas areas.

GRUPO LEMACO XIRIA 31 ( 21 + 10 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Esteban Puñal (2), Martín Fuentes (3), Mario Cancela (6), Daniel Mallo (4), Áaron Rodríguez (2), Antonio Calvelo (2), Pablo Esmoris (1), Javier Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Carlos Varela (3), Fernando Mallo (2), Julián García (2), Andrés García (2) Diego Antelo (2).

RASOEIRO BM 20 ( 11 + 9 ): Antón Garrido [p], Martín Padín (3), Eloy Fraga, Nicolás Padín, Álex Iglesias (2), David Rey (3), Javier Garrido (7), Pablo Villanueva, Sergio Nimo (3), Francisco Domínguez, Adrián Rey.