Nova vitoria para o Grupo Lemaco “A” no Gatañal

4ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino

Pizzería Barato Bm. Cangas 25 – Grupo Lemaco Xiria A 33 (11-16)

Visitaban un dos templos do Balonmán galego, pero non lle tremeu o pulso aos xogadores carballeses, nun encontro onde saíron moi enchufados pero no transcorrer dos minutos foronse diluíndo e dando opcións ao seu rival.
Nun bo comezo de encontro o Xiria despregou a súa fortaleza defensiva anulando o ataque rival e marcando con facilidade na contra, pero no momento que colleu ampla diferenza no marcador acomodouse, baixando intensidade en defensa e con moito desorde no ataque.
O Cangas aproveitou para achegarse no marcador, o Xiria tardou en volver a coller o temón do encontro e a pesares de ser moi castigado polo arbitrase, 8 exclusións e 7 sete metros na súa área e ningunha exclusión nin 7 metros na canguesa, soubo xogar para non poñer o resultado en risco.

Pizzería Barato Bm. Cangas 25 (11): Rodrigo, Mateo Hernández 2, Uxío Vilariño, Asier Pereira 7, Rodrigo, Marcos Varela 8, Iker, Doder 1, Nico 1, Xabier 1, Aitor 4 e Darío 1.

Grupo Lemaco Xiria A 33 (16): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle 3, Henrique 8, Aday, Marcos Suárez 2, Nico Cancela 3, Marcos Varela 1, Brais Suárez 5, Simón, Maxi 1, Alvaro García, Dani Periscal 3 e Jorge Rodríguez 7.