Nova xornada en BM5 e os nosos continuan nos primeiros postos

O conxunto masculino de categoría  alevín,  Lista Xiria, desprazouse o pasado Sábado  ata o Pavillón Municipal de Baio – Zas, para enfrontarse ante o conxunto de Muxía, mentres o Telepizza Carballo Xiria e Laber Xiria, xogaban o seu duelo particular no CEIP Fogar de Carballo.

O Lista Xiria entraba frío e durmido no encontro e isto propiciaba a derrota nese primeiro tempo, onde a defensa dos de Carballo, foi superada polos de Muxía con excesiva facilidade. Non tardaron os bergantiñáns en apretar os dentes e sair moito máis centrados nos seguntes cuartos e solventar por 6-2 un partido que se lles puxera moi costa arriba.

No enfrontamento en Carballo entre o Laber e o Telepizza, estes últimos amosáronse moi superiores a os seus compañeiros, xa que os rapaces do Laber Xiria completaron o peor partido dende que iniciara a competición de liga e deron moitas facilidades en defensa. A escasa intensidade nesta parcela foi a tónica dos catro tempos e polo tanto, o factor determinante para que o Laber Xiria saíra goleado e encaixara a frioleira de 46 goles en 32 minutos, perdendo todos os cuartos ante un Telepizza que a pesar dos erros, puxo moita máis intención e atención ao que tiña entre máns.

De calquer forma e con estes resultados, os tres conxuntos masculinos de Xiria seguen situados nos tres pimeiros postos da táboa clasificatoria.

Laber Xiria vs Telepizza Carballo Xiria  0-8 (5-9 / 10-17 / 5-6 / 7-14)

Polo Laber Xiria xogaron: Nico Cancela, Maxi, Dani Periscal, Brais Suárez, Xano, Lucas Amado, Jorge Rodríguez, Álvaro García.

Polo Telepizza Carballo Xiria xogaron: Antón Pardiñas, Marcos Suárez, Xabi Fernández, Diego Mourelle, Álvaro Gómez, Diego Pallas, Diego Barbeira.