Novas datas para o Carballo Handball Festival ’26

Novas datas para o Carballo Handball Festival ’26

O balonmán base volve brillar en Carballo! Temos o pracer de anunciar as datas oficiais para o Carballo Handball Festival 2026: 13 e 14 de xuño.

Esta edición será moi especial, xa que cumprimos 10 anos consolidando un proxecto que cada ano reúne a centenares de nenos e nenas nunha contorna segura e organizada, pensada exclusivamente para o goce do deporte formativo.

📝 Inscricións

O prazo para inscribir ao teu equipo xa está aberto. Non perdas a oportunidade de formar parte da nosa 10ª edición!

📅 Datas e Categorías

O torneo celebrarase o 13 e 14 de xuño de 2026. Unha fin de semana intensiva de balonmán destinada ás categorías:

  • Benxamín
  • Alevín

🤾‍♂️ Máis que un torneo: Unha experiencia integral

No Carballo Handball Festival non organizamos só partidos; organizamos experiencias. O noso enfoque é formativo e lúdico, priorizando a convivencia e a aprendizaxe por enriba da clasificación final. Queremos que cada xogador e xogadora leve un recordo inesquecible da súa estancia en Carballo.


Tes algunha dúbida? Se precisas máis información sobre as inscricións ou detalles do torneo, podes contactar con nós no teléfono:📞 609 56 09 55

Reservade xa a data no voso calendario. En xuño, Carballo é Balonmán!