O equipo carballés desprazabase a Lalín para enfrontarse a un rival direto na clasificación como é o Embutidos Lalinense. O partido ,con ambos equipos con algunha baixa sensible, anticipábase igualado.
EMBUTIDOS LALINENSE 30 – MONTAXES CARBALLO XIRIA 25
O partido comezaba co equipo carballés ofrecendo unha defensa activa e atrevida pero con un ataque falto de concentración e moi errático. Co paso dos minutos os numerosos erros en ataque, moitos de eles incomprensibles facía que o equipo de Lalín poidera aproveitalos e distanciarse no marcador. Co paso dos minutos a diferenza ía aumentando debido a que os carballeses non eran quen de manterse regulares en todas as facetas do xogo.
Á volta dos vestiarios á actitude mellorou pero non así os erros ofensivos. Os carballeses conseguían frear mellor o ataque lalinense pero outra vez os erros de lanzamentos e de pases facía que fose moi compricada a remontada. A dinámica mantívose e isto fixo que o equipo carballés non tivera opcións a remontar o partido. Toca traballar para reducir erros ofensivos de cara a próximos partidos.


