O ALS A clasificado para xogar a Final Four

O ALS A, logo de rematar en 5º lugar a liga Ouro, desprazábase o pasado fin de semana a Vigo para enfrontarse ao Carballal nun partido a modo eliminatoria para optar por unha praza na Final a catro do balonmán galego xuvenil, dita final da ao gañador unha praza para o campionato estatal (unha praza xa está en disposición do Luceros).

O partido comezou co ALS sen a concentración e entrega que un de estes partidos demanda. De este xeito as primeiras ventaxas eran para o equipo local. Os carballeses mostrábanse complemplativos nas labores defensivas e, sen conseguir abrir ocos na presionante defensa 5-1 dos de Carballal. Con todo, o equipo carballés foi entrando aos poucos no partido e conseguiu acabar marchando ao descanso con un gol de ventaxa.

Á volta dos vestiarios o ALS conseguía distanciarse no marcador de ata 3 goles, con todo ía a ser unha segunda parte moi sufrida. As exclusóns penalizaron moito aos carballeses que quedaron en unha ocasión con 3 xogadores en pista (máis o porteiro) e en outra ocasión con catro xogadores. Con todo o equipo supo repoñerse a estos inconvintes e erros e soupo pelexar nesta segunda metade, dende unha defensa xa máis contundente. De este xeito, nun vibrante partido no que o ALS supo repoñerse a dificultades e a un mal inicio levouse a vitoria 21-24.

De este xeito o ALS consegue unha praza para unha ilusionante Final Four que se disputará o 15 e 16 de Abril e que enfrontrará aos seguintes equipos: Porriño, Cisne, Lalín e ALS Xiria