Chegaba o ALS a Almeiras a disputar un díficil partido antes un rival directo cómo é o Bm Culleredo. Os carballeses sabían que era un partido importante para poder seguir na mesma liña durante a primeira volta.
O comezo do partido estivo marcado polas perdas de balón de ambos equipos que non eran capaces de prantexar solucións para superar as defensas e, tamén, que se mostraban moi imprecisos. A liña foi a mesma durante a primeira metade, os ataques moi imprecisos facían que as diferenzas fosen sempre pequenas. Así, chegouse ao descanso con un 12-13 a favor dos carballeses.
Á volta dos vestiarios os carballeses, debido a erros de concentración recibían un parcial de 3-0 que poñía por diante no marcador ao Culleredo. A partir de ahí o partido estivo moi igualado, o ALS sufría algún que outro desaxuste na zona central da defensa e, no ataque a pesares de insistir, non estaba a ter o día e non era quen de mostrar o súa idea de xogo. Con todo, os carballeses soupero pelexar e isto fixo que lle puideran dar a volta ao marcador nos últimos intres. A falta de 40 seg o Culleredo tiña balón en posesión e tran un tempo morto conseguiu anotar. A última posesión foi para os carballeses, que tan só conseguiron dous minutos na acción de xogo e de este xeito chegouse ao final do partido con 25-25 no marcador.