O ALS A non consegue ser regular durante todo o encontro e perde en Cangas

Buenas Migas Luceros 30 – ALS A 22

O ALS A vaiaxaba a Cangas para enfrontarse ao Buenas Migas Luceros, un equipo sempre compricado e con unha idea de xogo moi definida. Polo tanto prevíase un partido bonito e pelexado entre estos dous equipos.

O ALS entrou o partido moi enchufado e coas ideas moi claras sobre o prantexamento do partido. De este xeito conseguía frear as perigosas primeiras e segunda oleadas do Luceros e ter o criterio necesario no ataque para madurar as situacións ata situacións óptimas de lanzamento. Esta concentración e bo traballo facían que os carballeses conseguiran distanciarse ata o 3-8 no minuto 17 de partido. Sen embargo, e sen moita explicación, os carballeses mudaron completamente esta boa imaxen e nos 15 minutos posteriores recibiron un parcial de 4-9. O equipo tivo dudas na súa maneira de atacar e esas dúbidas contaxiáronse á defensa que xa non tiña a mesma confianza.

Na segunda metade, o ALS non conseguía reengancharse no partido. A defensa local xa se mostaba máis contundente e os carballeses non conseguían encardear ataques sucesivos que fixeran separar dita defensa. Na defensa carballesa empezaba a abrirse ocos pola zona dos centrais e os segundos e esto souperon aproveitalo os de Cangas. Con todo, os carballeses tentaron dar un arreón durante toda a segunda metade pero non o conseguiron e ningún momento. De este xeito chegouse ao 30-22 final. Un sabor amargo porque o ALS encamiñara moi ben o partido pero ten aínda traballo por diante para ser capaces de competir ao mesmo nivel de esixencia durante os 60 minutos do encontro.