O ALS A VENCE NA CORUÑA

OAR CORUÑA 1952 30– ALS XIRIA A 38

O ALS XIRIA A desprazábase á Coruña para disputar o partido correspondente á terceira xornada da liga regular. Logo do partido anterior no que non se finalizara con boas sensacións os carballeses tiñan ganas de firmar un bo partido.

O comezo do partido dos carballeses foi moi serio. Con boa actitude defensiva, adaptándose rápido ao plan de partido que prantexaran os coruñeses. Na faceta ofensiva unha boa mobilidade facía que se conseguira abrir ocos pola zona central da defensa dos coruñeses. Foi con estas armas como o ALS conseguíu ir pouco a pouco abrindo oco no marcador ata situarse no 13-22 ao descanso.

Á volta dos vestiarios o partido antoxábase máis igualado, os coruñeses conseguían facer dano coas situacións de 1vs1 do seu xogador número 94. A maiores unha serie de exclusións facía que os coruñeses as poidera aproveitar pola zona esquerda do campo. Con todo os carballeses , no seu partido máis regular ata o momento, conseguían pasar o bache sen deixar que o OAR poidera engancharse de todo ao partido. No tramo final os coruñeses tentaron unha defensa con maior presión nos segundos pero unha maior mobilidade dos carballeses conseguían levar o partido para o seu terreo e conseguir así levar os puntos para Carballo.

Neste partido o ALS mostrouse moi combativo, con unha actitude completamente distinta á da semana pasada. Esta é a liña a seguir pois a pesar das baixas sufridas os carballeses foron quen de darlle valor á forza do equipo.