O ALS B PERDE NOS ÚLTIMOS INTRES DO PARTIDO

RIBADOSAR 30 -ALS B 29

O ALS B  desprazábase o pasado sábado día 15 a Santiago para enfrontarse ao Bm Ribadosar. O equipo carballés tiña coma obxetivo ir mellorando e tendo unha continuidade maior tanto no xogo individual coma no colectivo.

O comezo do partido foi bo por parte dos carballeses, eran capaces de controlar as accións dos rivais  no centro da defensa e no ataque, cada vez que conseguían separar aos defensores do Ribadosar conseguían unha penetración ou pequenas continuidades ata o gol. De este xeito, conseguían unha pequena renta de dous goles. A partir de ese momento as distancias ían a manterse sin moitas variacións pois o ALS con algunha perda de balón innecesaria e relaxación en defensa non conseguía despegarse máis no marcador.

Á volta dos vestiarios os carballeses conseguían aumentar grazas a un empurrón, na defensa e na portería, a distancia no marcador. Foi a partir de ahí cando unha serie de decisións arbitrais dubidosas e unha desconexión dos carballeses fixo que o partido cambiase o rumbo. Dende ese intre as accións individuais de dous xogadores do Ribadosar e a falta de acerto no ataque fixeron que a distancia se fose recurtando pouco a pouco. E  foi así como o Ribadosar conseguíu poñerse por primeira vez por diante no partido nos intres finais e levar o encontro no cal os carballeses non souperon matalo cando tiveron a oportunidade.