O ALS Xiria B non consegue a vitoria nun partido competido

ALS XIRIA B 27 – BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 31

O ALS Xiria B ccomezaba a súa andadura na Liga Prata contra un Culleredo que xa coñecía dos partidos da pretemporada. De este xeito comezaba a competición o martes 11 no Vila de Noia.

No comezo do partido o ALS conseguía unha renta de dous goles ao seu favor, sen embargo, a partir de esa ventaxa incial os carballeses tiñan demasiadas perdas de balón no ataque posicional e, na faceta defensiva desaxustes moi sinxelos. Con todo, a pouco que correxiu os erros tanto na faceta defensiva cómo ofensiva e, conseguiu correr contras de calidade dende as segunda liñas o partido chegou igualado ao descanso con 13 -13.

Na segunda metade o Culleredo volviu a despegarse no marcador debido á falta de mobilidade que tiñan os carballeses no ataque posicional, o que facía que todas as accións se iniciasen con accións directas e moitas de elas en bote. Na faceta defensiva a actitude estaba a ser moi boa, sen embargo pequenos erros cometidos eran aproveitados con acerto por parte dos visitantes. Esta foi a tónica reinante na segunda metade, o ALS perdiu a continuidade de balón e só eran capaz de xogar con accións directas, a esto hai que unirlle que se tiveron moitos erros de lanzamento nesta segunda metade. Así chegouse ao resultado final de 27-31.

Con todo, iste foi o primeiro partido de liga con xogadores que teñen que asumir novos roles e novas responsabilidades polo que a progresión e a paciencia ten que ser parte do camiño que están comezando a camiñar.