S.D. Teucro – 37 (17+20): Omil (3), Vidal (5), Cortizo (1), Pérez (4), Estévez, Piñeiro (7), Chan (5), Gómez (5), Codina (4), Lores (3), Vieitez, Pérez e Mendoza.
Garaysa Xiria – 26 (12+14): Pedro (7), Mario (4), Alex (5), Iago (2), Adrián (2), Iker (4), Xurxo, Brian (3) e Julio.
O encontro púxose costa arriba para os carballeses dende os primeiros minutos. Os primeiras liñas teucristas superaban comodamente a desordenada defensa do Xiria que non mantiña a intensidade habitual. En ataque xogábase ben o balón pero faiaba a puntería nestas primeiras accións, o que provocaba as primeiras vantaxes para os do Lerez. 9-6 (Min.10)
O Garaysa quixo resolver con goles rápidos os erros que estaba a cometer en defensa e esta precipitación prexudicou aos carballeses, que chegaban a recta final do primeiro tempo cun complicado 16-10 (Min. 20).
Na segunda metade o Teucro saíu coma un ciclón e impuxo o seu físico para aumentar aínda máis a diferenza no marcador. O Garaysa tentouno pero a renda a prol do Teucro non facían se non aumentar.
O Garaysa non está a amosar o seu verdadeiro potencial nestes últimos encontros, as baixas e a mala racha de resultados están a pasar factura no equipo. Sen embargo o grupo é consciente da importancia do vindeiro encontro, contra o Luceros de Cangas, último clasificado da táboa, un deses enfrontamentos onde non caben as escusas e onde estamos seguros de que o Garaysa vai dar a talla.
Clasificación trala 16ª xornada:
Fotos do encontro:






