O balance defensivo e os rexéites lastran ao Grupo Lemaco Xiria

O Teucro mostrouse máis vivo ao longo dos 60 minutos, levándose os rexéites e aproveitando os erros de ataque dos do Xiria; que sufriron nas transicións defensivas. A diferenza puido ser maior pero o Grupo Lemaco pelexou ata o asubío final.

Os primeiros 10 minutos de xogo, o Grupo Lemaco Xiria mantíñase cun gol por diante; ritmo defensivo alto, con axudas e anticipación dos movementos de ataque. O Teucro axustado en bloque, no seu 6:0, tamén lle poñía as cousas difíciles para facer goles. Mediada a primeira metade, o Xiria atascábase no bloque central defensivo dos locais, demasiadas traxectorias ao centro buscando ao pivote en situacións desfavorables e lanzamentos previsibles que detiña o meta Dani; permitiron ao Teucro correr o contraataque e poñer terra polo medio ao descanso. 17 a 12.

Tras o paso por vestiarios, tentaba o Grupo Lemaco buscar solucións en ataque nos espazos exteriores; pero en defensa non atopaba o traballo realizado nos primeiros minutos do partido e seguía encaixando goles. Co cansazo, volveu aos erros da primeira metade, e a diferenza foise ata os 10 goles. A entrega nos últimos minutos, permitiulles frear a sangría.

SD Teucro Voz y Sonido Producciones 32 – Grupo Lemaco Xiria 25

SD Teucro Voz y Sonido Producciones: Daniel Pérez, Anxo Martínez (2), Anxo Quintana, Manuel Rodríguez (1), Martín González (8), Miguel Monteagudo (2), Oscar Paredes (2), Saúl Santos (2), Sergio Blond (8), Sergio Cortizo (3), Manuel Couso,Vicente Domínguez (4), Iago Pérez.

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Juan Martín Fajardo (4), Martín Fuentes (4), Nicolás García, Andrés García (1), Esteban Puñal (6), Samuel Regueira, Alberto Rodríguez (2), Samuel Veiga (1), Ángel Viña (3), Julián García (4).

Árbitro: Andrés Tejo do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo terceira xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón Multiusos A Xunqueira, de Pontevedra