O balonmán continúa nunha xornada apaixonante para a afección de bergantiños

1ª Nacional masculina

O sábado ás 20:30, o Calvo Xiria quere afianzar o liderado diante do Balonmán Ingenio, un equipo que xa puxo en apertos aos xogadores de Carballo a tempada pasada. Por tanto, o Calvo Xiria quere realizar un partido completo e seguir na dinámica de xogo construída ata o momento. O xogo colectivo é fundamental e afianzar a zona denfensiva una das fases craves do éxito logrado por agora. Concentración durante 60 minutos ante un conxunto canario que as últimas semanas mellorou notablemente o seu xogo; e móstrase como un equipo perigoso.

1º Autonómica Feminina

Esta semana o Goldie Xiria Carballo Turismo volve ó Vila de Noia para xogar o segundo encontro consecutivo fronte a SD Teucro o domingo ás 12:00. O equipo carballés buscará a terceira vitoria consecutiva no casilleiro ante un Teucro que deu moitos problemas ás nosas na segunda metade do encontro disputado a semana pasada con efectivas continuidades coas pivotes e moito éxito no un contra un. O Goldie parte coa ambición de impór un ritmo alto, como ocurreu na última primeira parte en Pontevedra, e minimizar os erros que derrumbaron a confianza nalgúns compases da última vitoria.

Co esperanza de non abandonar os postos altos de táboa, o equipo precisa mostrar a súa mellor cara a nivel colectivo para seguir sumando de dous en dous puntos. Aínda así, o apunte negativo volve a ser a ausencia de Jessi, coa que se espera contar xa de volta a próxima semana.

Categorías base

O sábado inicia unha bonita xornada de balonmán as categorías base das Escolas Balonman Xiria. Estrean a xornada, no Vila de Noia, ás 10:00, os xuvenís do Laber Xiria ante un Balonman Culleredo que xa puxo en apertos no primeiro partido ao conxunto local, cun marcador axustado a pesar da vitoria de Xiria.

As 12:15 O Hierros Varela Urbieta Xiria volve a xogar na casa, e con público, tras o longo parón para volver medirse ó Culleredo, equipo adestrado polo seu antigo entrenador Fernando Vázquez. As rapazas do Xiria queren mostrar unha mellora no xogo semana a semana a continuar pola senda positiva iniciada no primeiro encontro en Almeiras

Tócalles viaxar aos cadetes do Grupo Lemaco Xiria B, que xogan no municipal da Gándara contra o Narón-Ferrolterra, e queren seguir coa boa imaxe mostrada no anterior partido. Tamén o sábado, pero ás 12:00 e no pavillón A Fontela, O Punta del Este Xiria desprázase esta fin de semana a Santa Comba para disputar o segundo encontro ligueiro fronte o Xallas. As carballesas teràn que sair moi metidas ao encontro e mellorar sobre todo na faceta defensiva para poder facerse cos 2 puntos e continuar así, coa dinámica positiva coa que comezaron o campeonato.

Pechan a mañá, os infantís do Garaysa Xiria, á 13:00 en Novo Mesoiro ante o Oar Ciudad nun novo derbi provincial.

E xa na xornada do domingo, o Metalúrgica BB Xiria desprázase ao pavillón de Almeiras para enfrontarse ao Bm Culleredo, ás 10:00. Dar saltos de calidade e progresar é o obxectivo principal deste equipo. E tamén ás 10:00, o Grupo Lemaco Xiria A, enfróntase en Novo Mesoiro ao Oar Ciudad, nun encontro que servirá do trinque está tempada ao ven conxunto de Carballo, que viu aprazado o seu primeiro partido.