O Balonman Xiria busca alcanzar os seus obxetivos nunha xornada importante

1ª Nacional masculina:

O sábado ás 20:00, o Vila de Noia ten unha nova cita na que será a xornada 9. Enfróntanse o Calvo Xiria e o Vitaldent Vecindario que voará desde Gran Canaria. Un equipo recentemente ascendido á categoría, que lle custou arrincar no debut, no seu obxectivo pola permanencia, pero co paso das semanas creceu e mira a cotas máis altas con equipos que agora están na media táboa.

O Calvo Xiria parte como favorito para levar os dous puntos. O comezo do partido; así como o inicio da segunda parte, son fundamentais para saír enchufados a un Vila de Noia, que non poderá contar con público nas bancadas. Manter a intensidade e levar o partido ao ritmo que máis lle gusta xogar ao Calvo Xiria, primeiros pasos para lograr os dous puntos.

Entramos nunha fase crave xa que restan 4 partidos antes do parón de nadal. O obxectivo seguir lideres do grupo A.

1ª Autonómica Feminina:

O Goldie Xiria Carballo Turismo desprázase este sábado a Lugo para medirse ó CP Lucense ás 19:00 na Casa do Deporte tras a aprazamento da pasada xornada onde o equipo rival tiña que terse desprazado para xogar en Carballo. Ambos equipos chegan en circunstancias moi distintas á cita do sábado, xa que o CP Lucense só disputou un única encontro –con victoria na casa ante o BM Camariñas– mentres que o equipo carballés conta por victorias os 3 encontros xogados dos 5 que tiña que ter xogado sen contar cos aprazamentos.

Semella unha incógnita o encontro, cun equipo local falto de rodaxe e un Goldie que acusa algunha baixa e onde empezan a aflorar pequenas molestias nalgunhas xogadoras que precisna repouso e que darán a oportunidade a que xogadoras xuvenís poidan competir por disputar os seus primeiros minutos co equipo senior. O obxectivo das nosas non é outro que seguir na senda do triunfo e comezar a pulir facetas cada vez máis concretas do xogo para ser cada vez un conxunto máis completo capaz de competir contra calquera rival do grupo

Categorías base

O conxunto xuvenil feminino, tralo empate acadado o sábado pasado, as nosas rapazas desprázanse á Coruña o sábado ás 12:00 para volver medirse ó BM Brigauntium co reto de traer os dous puntos e manterse coma líderes do seu grupo. Coa única baixa de Lucía España (como xa aconteceu a semana pasada onde tivo que alentar ó equipo dende a grada), as rapazas do Hierros Varela Urbieta precisan minimizar as pérdidas e as imprecisións dos primeiros encontros e manter as boas actuacións defensivas para conter o BM Brigantium.

O xuvenil masculino do Laber Xiria, xoga de novo contra o Bm Lucus, desta volta será o sábado as 12:15 no Vila de Noia. Os xogadores queren mellorar a imaxe defensiva amosada a semana anterior, onde cometeron moitos erros na liña de 6 metros. Os puntos deben quedar en Carballo para seguir coma líderes do grupo.

Os dous equipos cadetes do Grupo Lemaco Xiria queren seguir co refacho de resultados obtida ata o momento; onde contan os seus partidos por vitorias. Aínda así non deben fiarse dos resutados da semana anterior e disputar os partidos mellorando defensivamente e combinando no contraataque na segunda onda. Empezará ás 10:00 no Vila de Noia, o Grupo Lemaco B contra o Bm Lucus Comercial Emilio e ás 12:15 no Ceip Fogar o Grupo Lemaco A, enfrontarase a CB Panadería de Covas Viveiro.

E por último, o Garaysa Xiria e o Bm Ribadosar.es terán unha dobre xornada ente eles, para recuperar o partido aprazado da semana anterior. Os xogadores de Carballo esperan realizar dous bos encontros para levar 4 puntos e seguir encabenzando a táboa clasificatoria. O primeiro partido será o sábado ás 11:00 no pavillón Quiroga Palacios, en Santiago. Mentres o segundo partido será o domingo ás 11:00 no Vila de Noia de Carballo.