Un Grupo Lemaco errático non soubo resarcirse dun inicio moi malo de encontro que lle condenou a ir a remolque no electrónico desde o inicio. A pesar dos erros de lanzamento e sobre todo das perdas de bola en situacións cómodas, as carballesas lograron ir mantendo o tipo na defensa, que lles tivo dentro do encontro ata o minuto 25 onde campeaba un 11-9 esperanzador, pero cinco minutos fatídicos, fixeron que as pontevedresas marcaran boas distancias cun parcial de 5-0 en cinco minutos.
Ca chegada do descanso, as cousas non melloraron, se non que o ton defensivo que lles permitira manterse na dinámica de disputar o resultado se esfumou, o que aproveitaron as de Meaño para deixar noqueadas a unhas carballesas fora do encontro durante a última media hora.


