Bm. Ribadosar – 31 (20+11): Pablo, Ricardo (8), Antón, Alex (10), Mateo, Breixo, Rubén, Felipe (9), Sergio (1), Rodrigo, Xoaquín (3), Gabriel e José Ángel.
Marmolería Jose Rey Xiria – 27 (12+15): Fernando (8), Diego R., Mario (6), Paulo, Renzo (1), Diego L., Juan (6), Alex, Diego A. (1), Miguel (3) e Toni (2).
O Marmolería Jose Rey foi de menos a máis ao longo do encontro, pero os 8 goles de vantaxe acadados polos santiagueses na primeira metade foron suficientes para levarse o encontro.
O equipo infantil do Xiria xogou dous tempos moi diferenciados. Na primeira parte os goleadores do Ribadosar campaban as súas anchas entre a defensa do Xiria. Os nervios iniciais non permitían analizar ao seu rival e ataxar os puntos fortes do seu ataque, centrado en 3 xogadores que anotaron 27 dos 31 goles do equipo.
Sen embargo na segunda metade as axudas comezaron a aparecer e ao Ribadosar costáballes moito máis traballo acadar boas situacións de lanzamento. Isto, unido a unha maior efectividade dos nosos nos lanzamentos permitiu recurtar diferenzas no marcador ata colocarse a 3 goles. Pero a vantaxe a prol do Ribadosar era grande e faltou tempo para culminar a remontada.
Boa imaxe dos infantis do Xiria que de seguro aprenderon unha boa lección con este partido que lles servirá no futuro.
Clasificación trala 5ª Xornada: