Nada finas estiveron as peques do Grupo Lemaco B na mañá do sábado en Sanxenxo. O encontro resultou frío como o ambiente e onde as cadetes non lograron superar a un Bm. Sanxenxo en todo momento por diante no marcador.
A mellora defensiva do equipo pontevedrés, fisicamente moi fortes complicou moito a continuidade no xogo carballés que non atopou nunca o ritmo. Ademais non foi un partido eficaz de cara a porta contraria, o que desencadeou o resultado final.
As do Xiria recibirán este domingo pola mañá no Vila de Noia ó Bm. Arousa na penúltima xornada da Liga Prata