O Calvo Xiria mantén a racha e xa é líder

O noso senior feminino consegue a vitoria diante do Tapería dos Chata Bm. Cangas e é líder en solitario.

O encontro do pasado domingo onde se enfrontaban os dous primeiros conxuntos da 1ª autonómica presentábase coma o máis atractivo da xornada e non defraudou. As carballesas foron as claras dominadoras dun encontro no que as canguesas puxeron contra as cordas en moitos momentos as nosas. A actuación coral do Xiria na primeira metade era contrarrestrada por accións individuais do conxunto visitante, lideradas por Anastasija Doder. Chegábase ó descanso 15-12, con todo por decidir.

Tralo descanso, o Xiria aumentou o ritmo no xogo. A eficacia de Duna e Alba na segunda oleada e os imprecisións na transición visitante provocadas pola boa defensa carballesa impedían ó Cangas reducir a distancia no marcador. Un Xiria volcado nos últimos minutos acadaba a máxima diferencia ó final do encontro co resultado final 28-22. 

Brillante partido cun bo ambiente nas gradas e moita afición de ambos conxuntos. Séptima vitoria consecutiva para o Calvo Xiria que lidera en solitario a categoría (a falta dun partido do Cangas).

Esta semana as nosas volven xogar en domingo. Esta vez en Coruña ás 12:30 diante do Bm Brigantium Nunegal onde buscan manten a racha e seguir unha semana máis líderes.