O Calvo Xiria a un paso de título

Trala vitoria do domingo diante da AD Carballal, o noso senior feminino está a só dous puntos de proclarmarse campión de ligar por primeira vez na súa historia.

O Xiria chegaba a Vigo pragado de baixas e con só doce xogadoras dispoñibles, pero iso non foi atranco para sumar outra vitoria que deixa o título case en bandexa. Cun mal arranque, as nosas tardaron en amoldarse á defensa aberta do conxunto olívico. Sucesivas perdas de balón e erros de lanzamentos sinxelos daban vida as locais. A excepcional actuación de Nadia en portería impedía calquera opción do Carballal e chegábase ó descanso cun marcador de 12-20.

Á volta de vestiarios, cunha defensa local cada vez máis individualizida, as nosas deron coa tecla e alcanzaron un bo parcial nos primeiros compases (12-20) que remataría por ser definitivo.

Resultado final 19-27 e liderato reafirmado. Unha vitoria este domingo ás 12:30 das nosas diante do Seis do Nadal daría matemáticamente o título as nosas e a posibilidade de xogar a fase de ascenso a División de Honra Prata a falta de dúas xornadas para o remate da liga.