Primeira derrota na casa do Calvo Xiria ante o filial do At. Guardés a pasada tarde do sábado, no encontro disputado na pista do Fogar.
Empezou con bo tino o equipo carballés, dominando o encontro nos primeiros vinte minutos a partir da defensa(11-7)conseguindo vantaxes de ata catro goles. Pero os derradeiros dez minutos do primeiro tempo tornáronse de cara para as pontevedresas que lograron revertir a situación xogando en inferioridade por unha exclusión, e aproveitando a precipitación local. No descanso máxima igualdade(13-13). Pero un mal arranque de segundo tempo lastrou ás verdes durante todo o segundo tempo, a remolque no electrónico, e so unha reacción e a gran aportación de Lucía baixo paos, permitiu ás carballesas reengancharse no encontro, onde só a falta de efectividade nos lanzamentos finais, fixeron que os puntos marcharan de Carballo.
A próxima semana descánsase antes da sempre complicada visita o Loureiro de Carballal


