O Calvo Xiria afronta unha nova final e Carballo será sede nas categorías de BM5

1ª Nacional masculina:

Outro gran partido de balonmán o que podemos ver no Vila De Noia, este sábado, ás 20:00. O Calvo Xiria recibe a vistia do Embutidos Lalinense. A afección de Carballo encherá o pavillón para animar ao seu equipo, que de conseguir os dous puntos, reduciría a distancia cos dous equipos de arriba. Unha final; para un Calvo Xiria, que está preparado para afrontar un encontro desta esixencia. A defensa e o balace defensivo claves á hora de facerse coa vitoria.

1ª Autonómica Feminina

O Goldie Xiria Carballo Turismo, viaxa á localidade pontevedresa de Meaño para enfrontarse a un dos conxuntos máis fortes da categoría. O Asmubal Meaño Tecnelsa, marcha segundo na táboa clasificatoria, polo que se presenta como un rival tremendamente complicado para que as bergantiñás poidan sacar algo positivo desta viaxe. As opcións de vitoria que barallan as de Carballo, pasan por facer uns sesenta minutos moi completos e regulares en todas as facetas do xogo, onde non haxa cabida para os erros non forzados. A retagarda terá que funcionar a un gran nivel para facer fronte á superioridade física das locais e a velocidade intúese como factor crave a explotar polas mozas do Goldie. O encontro xogarase ás 18:00 h do próximo sábado no pavillón Coirón Area de Meaño.

División De Honra masculina:

Os xuvenís do Laber Xiria; enfróntase no Vila de Noia, ás 17:45 ao Club Balonman Pavillón Ourense. Unha boa proba para coller ritmo e confianza; xa que aos poucos o Laber vai recuperando efectivos. O sábado pola mañá, ás 11:30 teremos derbi provincial, entre o Grupo Lemaco Xiria e o Coruña Investo Oar. Os de Carballo buscan a súa segunda vitoria consecutiva ante un rival que vén á alza. Pola súa banda, o Garaysa Xiria, ten unha dobre xornada que afrontar, o sábado ás 11:30 derbi contra o Coruña Investo Oar, e o domingo ás 10:00, no CGTD, contra o Cisne Mundo De Sepo. Un bo reto que afrontar, para os xogadores de Xiria, que buscan afianzar o liderado.

2ª División infantil masculina:

O sábado ás 10:15 no pavillón Carballo Calero, xoga o Metalúrxica BB Xiria o seu partido como local contra o Reprint Arteixo Balonman; o mozo conxunto de Xiria é terceiro a falta de 4 xornadas, para finalizar a liga.

División De Honra Feminina

As cadetes de Hierros Varela Urbieta, reciben este próximo sábado ao Bueu Atl. BM. Farano ás 10:00 h no Vila de Noia co obxectivo de conseguir os dous puntos en xogo ante o equipo que pecha a clasificación. As carballesas, que xa conseguiron superar ás de Bueu na primeira volta, deben de evitar confianzas e centrarse na progresión do seu xogo, que está a ser evidente, así como no aumento da intensidade competitiva á hora de afrontar os partidos, factor aínda cun amplo rango de mellora.

Liga Alevín BM5. Grupo Norte 1 (Pavillón CEIP Fogar – Carballo):

Carballo será a sede dunha nova xornada de BM5 en categoría benxamín e alevín. Os partidos, con ampla representación dos conxuntos de Xiria en ambas as categorías, disputaranse no pabellón no CEIP Fogar este próximo sábado nos seguintes horarios:

Garaysa Xiria – Laber Xiria (Pista 1) – 10:00h.

Lista Xiria – Club Deportivo Concello de Zas (Pista 1) – 10:45h.

 

Liga Alevín bm5. Grupo Norte 2 (Pavillón CEIP Fogar – Carballo):

Club Balonmano Atlántico – Catering Imos Arteixo (Pista 1) – 12:15h.

Telepizza Carball XiriaGrupo Lemaco Xiria (Pista 1) – 13:45h.

 

Liga Benxamín BM5. Grupo Norte 1 (Pavillón CEIP Fogar – Carballo):

Óptica Auris Xiria – 7Metros Xiria (pista 2) – 10:00H

Balonman Xallas Fc – Mr. Nutrición Xiria (pista 2) – 10:45h.

Club Deportivo Concello de Zas – Bm Camariñas Talleres Alfogar (pista 1) – 11:30H.

 

Liga Benxamín 5. Grupo Norte 2 (Pavillón CEIP Fogar – Carballo):

TLM Xiria – Atlánticos (pista 2) – 11:30h

Atlánticas – Colegio Liceo La Paz Verde (pista 2) – 12:15h.

Grabados Calvo Arteixo Bm – Colegio Liceo La Paz Verdiblanco (pista 1)

Bm Brigantium – Aislamientos San Juan Xiria (pista 2) – 13:00h.

 

Competición prebenxamín (Pavillón CEIP Fogar):

Os máis cativos Terán, este fin de semana, una nova xuntanza e farano con Carballo como sede. Concretamente, os partidos serán na mañán do domingo no pavillón do CEIP Fogar. Nesta ocasión, os asistentes serán os representantes do BM. Culleredo, os do Línea 21, os do Tirso de Molina de Ferrol e, por su posto, os conxuntos de Escolas Balonmán Xiria. Os enfrontamentos serán os seguintes:

Laber Xiria A – BM. Culleredo Paxariñas (Pista 1 – 10:30h).

Laber Xiria B – BM. Culleredo Tarrío (Pista 2 – 10:30h).

Laber Xiria A – BM. Culleredo Tarrío (Pista 1 – 11:10h).

Tirso De Molina – BM. Línea 21 (Pista 2 – 11:10h).

  1. Culleredo Paxariñas – BM. Línea 21 (Pista 1 – 11:50h).

Laber Xiria B – Tirso De Molina (Pista 2 – 11:50h).