O Xiria B pasa a semifinais de Copa de Segunda Autonómica, partido que vai a desputar o próximo sábado 05 ás 18:00 da tarde en Oleiros. O equipo carballés quedou primeiro da fase previa logo de vencer os tres partidos desputados, a liña foi ascendente.
CALVO XIRIA B 31- PARRILLADA LA RONDA ARTEIXO 27
O primeiro partido do equipo carballés amosaba os erros típicos dos primeiros partidos da tempada. Conforme ían pasando os minutos podíase apreciar a igualdade entre ambos equipos. Esta igualdade a pesar de ir variando a diferenza de goles percibíase co paso dos minutos. Nos últimos minutos do partido os carballeses souperon forzar os erros do rival e conseguir poñer una pequena diferenza no marcador que lle dou a vitoria final.
BM RIBADOSAR USC 20 – CALVO XIRIA B 33
Un comezo do partido moi malo por parte dos carballeses, con falta de intensidade e con repetidos erros defensivos facía que a igualdade reinara no marcador toda a primeira metade. O equipo local moi motivado conseguía aproveitar os erros do equipo carballés.
Na segunda metade un cambio de defensa e sobre todo, un cambio de actitude, facía que os carballeses conseguiran impoñer o seu ritmo no xogo e acabar levándose o partido con unha boa diferencia.
CALVO XIRIA B 40 – CLUB BALONMÁN MIÑO 20
Partido no que os carballeses estiveron acertados dende o principio conseguindo escaparse no marcador grazas a unha secuencia de boa defensas e rápidas contras. O equipo conseguiu manter a concentración e isto fixo que o equipo de Ourense non conseguira reaccionar. De este xeito o Xiria B terminou por realizar o seu mellor partido ata o momento con un resultado final abultado.