O Calvo Xiria B viaxaba a Meaño para enfrontarse ao segundo clasificado. Un partido vital para os intereses de ambos equipos e nun momento da tempada no que ambos equipos chegan rodados. O modelo de xogo dos de carballo afianzándose cada vez máis e un Meaño con unhas cualidades individuais difíciles de frear.
CROQUETERÍA EL CRACK ASMUBAL MEAÑO 25 – CALVO XIRIA B 37
O comezo do partido estivo marcado pola igualdade. Ambos equipos conseguían impoñer as súas armas ofensivas fronte aos sistemas defensivos. Esta igualdade existiu ata o minuto 10, a partir de ese minuto o equipo carballés conseguiu frear as armas do equipo de Meaño e aproveitar para subir rápidas contras que axudaban a poñer as primeiras diferenzas no marcador a prol do equipo carballés. Dende este momento o equipo carballés conseguiu manter o nivel defensivo e isto facía que poidera subsanar os erros tivo no ataque nos últimos minutos da primeira metade.
Logo do paso polos vestiarios o equipo de carballo seguía a amosarse serio e ordeado e isto facía que o equipo de Meaño non tivera opcións para revertir a situacións. Con ánimo de remontada os de meaño probaron varias situacións tácticas procurando darlle un cambio ao partido, con todo, grazas a manter a calma e xogar con criterio o partido seguiu sendo dominado polo filial carballés ata o final do encontro.


