O Calvo Xiria B xogarase o ascenso a próxima xornada logo da vitoria fronte ao terceiro clasificado

O Calvo Xiria B xogarase o ascenso a próxima xornada logo da vitoria fronte ao terceiro clasificado

O pasado domingo disputábase a 7ª xornada da segunda fase de liga que enfrontaba ao equipo local Calvo Xiria B co Clínica Veterinaria Estación Tui. Este partido, logo da vitoria o día anterior do segundo clasificado, non permitía o ascenso esta mesma xornada e deixaba todo por xogar na última xornada de liga en Oleiros.

CALVO XIRIA B 29- CLÍNICA VETERINARIA ESTACIÓN BALONMÁN TUI 24

A pesar de non conceder o ascenso a vitoria neste partido sí que permitía unha lixeira ventaxa no derradeiro partido de liga (un empate vale para o Calvo Xiria B). Coñecedores de esta situación o equipo carballés saliu centrado a este difícil partido. Unha defensa contundente e un ataque centrado nas continuidades facía que os locais conseguiran unha pequena renta inicial. A partir de este intre os de Tui souperon reaccionar e acercarse no marcador. Co paso dos minutos o equipo local conseguía marcar o ritmo de novo e isto facía que chegase ao descanso con +5 de diferenza. 15-10.

Á volta dos vestiarios o partido seguía un trancurso similar. Con todo un mañ parcial do Xiria facía que o Tui se conseguira acercar a 2 goles. A partir de ese momento reducindo as perdas de balón e axustando conseguiron levarse o partido.

A próxima xornada será o 26/04 en Oleiro ás 18:30, partido que vai a decidir o campión de Segunda Autonómica, equipo que lograría o ascenso directo, Este partido pondría a guinda a unha temporada moi traballada e que está a ser moi positiva para o equipo carballés.