O Calvo Xiria bríndalle o título de liga á súa afección no partido contra Carballal

O sábado ás 19:00 no Vila de Noia, saltará á pista o Calvo Xiria para agradecer á afección o apoio recibido ata este momento, nun ano cheo de dificultades para todos. O Calvo Xiria marcouse a principio de tempada o primeiro obxectivo de ser campión e  coseguiuno.
Agora quedan dous partidos para finalizar a liga que lle servirán como preparación para a fase de ascenso.
 
Visita Carballo, o Granitos Ibéricos Carballal, un equipo novo, de moita proxección e que dará que falar no curto prazo na categoría nacional. O conxunto vigués, foi recuperando lesionados no último tramo de liga o que lle outorga maior rotación nas súas filas. Ben estruturado en ataque posicional poñerá a proba a engrenaxe defensiva do Calvo Xiria.
 
Por tanto; boa proba, nun choque esixente; que manterá aos xogadores en alerta ao longo dos 60 minutos.
 
Categorías base
 
O Grupo Lemaco B Xiria xógase esta fin de semana a clasficación para a final4 da liga prata; nun dobre enfrontamento contra o Cisne. O sábado xogarán no Vila de Noia ás 16:15 e o domingo farano ás 12:00 no multiusos a Xunqueira. O gañador da eliminatoria pasará directamente á final 4. Todos os xogadores están dispoñibles para os dous partidos.
 
Tamén dobrará xornada o Gestagua Xiria; o sábado en Tarrio á 13:00 contra o Bm Culleredo Opemat e o domingo ás 11:45 no Ceip Fogar. De lograr a vitoria, poñeríanse nos postos altos da clasificación. Pola súa banda, o Gallega de Mallas Xiria xoga ás 11:45 en Novo Mesoiro contra Línea21, busca gañar para superar aos locais na táboa.