O Calvo Xiria buscará a vitoria na súa visita contra o Rodosa Bm Chapela; segundo clasificado

1ª Nacional masculina

O Calvo Xiria enfróntase ao Rodosa Bm Chapela un rival directo na pelexa polo título a final de tempada e actual segundo clasificado. O equipo que consiga manexar os tempos do partido terá moito gañado con respecto ao seu rival.

Os xogadores do Rodosa, celebran a volta do público ao mpal Manuel González Soto  o sábado as 18:30, nunha semana crave para os intereses de ambos os equipos.

Por tanto; o Calvo Xiria e o Rodosa Bm Chapela repártense a presión de gañar; sabendo que aínda quedan 10 xornadas para o final; e que o resultado condiciona a táboa e é importante para os dous equipos pero non será definitivo.

Ambos chegan á cita coa moral alta, despois de gañar a semana pasada. Pola súa banda, o Calvo Xiria, afronta esta fase crucial, en boas condicións e coa confianza da última vitoria na casa permitiulle traballar ben durante a semana.

Nos primeiros minutos, veremos o plan inicial de ambos os conxuntos; cunha arma fundamental ao longo dos 60 minutos, buscarán manexar o ritmo do partido e cando este cambie, o equipo que manteña a efectividade para gol, aumentará as posibilidades de vitoria.

1ª Autonómica Feminina

O Goldie Xiria Carballo Turismo retoma a competición, tralo obrigado parón por cuestións sanitarias, co penúltimo encontro dá primeira fase ante o BM Cañiza. As nosas mediranse o único equipo da categoría que conta os seus partidos por vitorias, nunha cita compricada na que, sen nada que perder, o equipo sairá á pista con máis gañas ca nunca despois dun mes de parón. O obxectivo do partido non é outro que recuperar as sensacións dá visita a Tui, onde as nosas desputaron o mellor encontro dá tempada e recolleron os froitos de todo o traballo que levan realizado desde agosto. O equipo chega a cita do sábado ás 20:00 coa única baixa de Natalia, pendente dos resultados dunha resonancia, que será substituída pola xuvenil Alba García que debuta na competición senior.

Categorías base

Retoman as competicións os máis novos das Escolas Balonman Xiria, xogan na liga Oro, os xuvenís do Laber Xiria que ten derbi contra o Oar Coruña, ás 10:00 no Vila de Noia.

Os infantís, ás 10:30 no Ceip Fogar, Garaysa Xiria contra Rebusca 46, de Ribadavia.

As infantís do Punta del Este Xiria desprázanse e ás 11:00 no Gatañal, enfróntanse Tecnosat Bm Cangas.

O domingo pola mañá os cadetes do Grupo Lemaco Xiria A xogan na pista central das Travesas ás 10:00 contra o U. b. Lavadores.

As xuvenís do Hierros Varela Urbieta Xiria ás 12:30 en Travesas, Vigo, ante o BM. Carballal, teñen un dos partido máis difíciles da fin de semana.

En liga prata, o Grupo Lemaco Xiria B enfróntase ao Ribadosar, o sábado ás 12:15 no Vila de Noia.