O Calvo Xiria cae en Lavadores (26-23)

O Calvo Xiria caeu na difícil pista da UB Lavadores na noite do sábado. 
As viguesas comenzaron o encontro algo máis atinadas cas verdes, marcando diferencias nos primeiros intres, aínda que pouco a pouco as carballesas foron encontrando mellores sensacións, sobre todo a través da defensa. No ataque, a profundidade da defensa local facía que as visitantes buscasen situacións de desdoblamento na liña de seis metros na loita por atopar espacios.
 
A diferencia de cinco goles no descanso(16-11)mantívose nun segundo envite, sen moitos alardes pero moito máis igualado, onde a actuación da guardarredes carballesa fixo posible que mediada a segunda metade o marcador se estrechara ata un 21-19 que metía ás de Zarra na loita. Pero un parcial de 5-1 para as locais terminaría por decantar o encontro do lado das viguesas(26-23).
O Calvo Xiria recibirá o Bm. Porriño este vindeiro domingo no Vila de Noia