O Calvo Xiria cae en Vigo contra Gránitos Ibéricos Carballal

O Calvo Xiria non foi quen de facer fronte a un Gránitos Ibéricos Carballal que sacou vantaxe de +5, desde o minuto 10 e mantivo practicamente ata o final do partido.

O Calvo Xiria mantivo a igualdade no marcador, ata que sufriu unha dobre exclusión que permitiu ao seu rival, obter mínimas diferecias. O marcador era axustado; pero non parecía o Calvo Xiria doutras semanas; excesivos erros de lanzamento e desaxustes defensivos na zona central elevaron a diferenza ata os 5 goles cos que chegaríase ao descanso (15-10).

Na segunda metade, tardou o Calvo Xiria en axustarse 6 minutos, (19 a 13); aí chegaría unha leve reacción, onde o equipo atopouse máis cómodo na defensa, pero non soubo rematar nas transicións; a diferenza non baixou dos 4 goles; Juan Novás na portería do Carballal estivo a bo nivel, durante todo o partido. Nos últimos 5 minutos, o partido rompeuse tratando de presionar o Calvo Xiria para recortar diferenzas; pero a vitoria quedaría en Vigo.

O Calvo Xiria regresa ao seu feudo o sábado ás 20:00 para xogar contra Km13 Gáldar e necesita a calor da súa afección para saír da zona de descenso.

Gránitos Ibéricos Carballal 33 – Calvo Xiria 26

Gránitos Ibéricos Carballal (15+10): Samuel Rodríguez (1), Pedro Pérez, Alejandro López (4), Juan José Basante (3), Iván Soage (4), Samuel Barciela (1), Jonathan Patiño, Jorge Navarro, Roi Gallego, Cristian Bretal, Juan José Novás, Pablo Vilaboa, Ignacio Costas (4), Iván Fernández (1), Iago Costas (6), Juan Manuel Chao (8).

Calvo Xiria (15+15): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (1), Pablo Veiga (2), Julián García (5), Chimpo Rodríguez (5), Diego Vega (4), Manu Méndez, Álex Gómez (5), Jorge Bouzas, Carlos Varela, Mario Cancela (4), Martín Fuentes.

Árbitros: Jorge Batanero e Marcos Domínguez

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 5-3, 9-4, 11-5, 13-8, 15-10, (descanso), 19-13, 21-15, 23-18, 26-21, 29-24, 33-26(final).

Incidencias: Partido correspondente a 21ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón mpal Carballal (Vigo).