O Calvo Xiria cae loitando en Redondela

Un encontro con demasiadas irregularidades no xogo. O Calvo Xiria non soubo rematar ao seu rival nas superioridades numéricas e o porteiro Daniel Pereira Cadilla; foi protagonista na segunda metade, onde o parcial foi de 15 a 15.

A semana que vén regreso ao Vila de Noia onde o equipo non xoga desde o 16 de decembro; polo que xa ten gañas de xogar de novo no seu feudo, baixo a calor da súa afección.

Nos primeiros 15 minutos do encontro, chocaban as estratexias dos dous equipos, co Calvo Xiria un gol arriba, cun conxunto local, agresivo nas súas accións defensivas que lle propiciaron dúas exclusións nos seguintes minutos de encontro. Parecía unha oportunidade para romper o partido; pero a precipitación, daba con excesivas perdas de balón, onde Sar aproveitaba para poñerse por diante con cómodos contraataques. Ao descanso 12 a 10.

Tras a continuación, un intercambio de golpes que axustaba o marcador a 15 a 14; pero entón apareceu a figura do meta Cadilla detendo 3 balóns seguidos desde 6 metros; que tamén afectaron as situacións defensivas do Calvo Xiria e daba coa máxima vantaxe do partido 20 a 15.

O conxunto de Bergantiños, púxose o mono de traballo e empezou a recortar distancias logrando poñerse a un só tanto; pero Cadilla mantivo aos seus por diante cando peor o estaban pasando. Os últimos dous minutos presión a toda a pista por parte dun Xiria que o tentou ata o último instante.

Sar Plastic Omnium 27 – Calvo Xiria 25

Sar Plastic Omnium (12+15): Daniel Pereira (p), Pablo Sánchez (p), Manuel Piñeiro (6), Alexandre Cernadas (4), Iago Docal, Gabriel Pazos (2), Yeray Soutullo, Lucas Bouzon (3), Iván Vázquez (4), Carlos Ocaña (1), Lois Lago (1), Alan Sergio Castro, Román Arboleya (6).

Calvo Xiria (10+15): Antonio Mato (p), Álex Vázquez (p), Aarón Rodríguez (1), Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras (2), Pablo Veiga, Julián García (2), Chimpo Rodríguez (4), Diego Vega (4), Manu Méndez (4), Álex Gómez, Jorge Bouzas (7), Carlos Varela (1), Mario Cancela, Martín Fuentes.

Árbitros: Juan Fernández e Daniel Vádes.

Marcador cada 5 minutos: 2-3, 5-5, 6-7, 8-8, 10-8, 12-10, (descanso), 15-14, 20-15, 21-18, 23-20, 25-23, 27-25 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 16ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón A Bombonera (Redondela).