O Calvo Xiria cae na estrea do 2025

O Calvo Xiria cae na estrea do 2025

Unha mágoa a derrota do Calvo Xiria este pasado fin de semana onde non puido sumar ante un rival que lle ten tomada a medida, o Bm. Xallas. O partido non tivo un dominador claro, aínda que as de Santa Comba foron por diante durante todo o encontro. O inicio foi claramente dominado polas visitantes pero as carballesas lograron estabilizar as cousas mediada a primeira metade.

As verdes mostráronse algo menos eficaces na finalización e a aportacion de Bineta na portería visitante axudou e moito no resultado final.

Esta próxima semana o Calvo Xiria visitará a difícil cancha de Lavadores, un dos favoritos que se esta amosando como candidato o triunfo final. Será a partir das 20.00h da tarde do sábado.