O Calvo Xiria cae nos últimos minutos diante do Ribeiro

Nun partido moi igualado a figura de Ángel Taboas na portería visitante foi determinante para que o Calvo Xiria non sacase un resultado positivo no encontro.

Ao comezo do partido víronse claras as intencións dos dous equipos. Mentres o Calvo Xiria quería tratar de dar velocidade ao xogo e correr nas transicións, o Bm Ribeiro todo o contrario; relantizando o choque cada vez que podía. Así transcorrían os minutos con continuos intercambios no marcador; dun ou dous goles para un e outro equipo; chegando ao descanso 15 a 16.

Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria corrixía o seu defensa para tratar de cambiar o signo do encontro; foi aí cando Ángel Taboas erixiuse figura do encontro e sostivo ao seu equipo cando peor o estaban pasando; con paradas desde os 6 metros. O Calvo Xiria tivo a oportunidade de romper o encontro pero a diferenza chegou a ser unicamente de dous goles a favor. Os visitantes lograron empatar o partido e nos últimos 5 minutos o maior acerto cara o gol, decantou a balanza ao seu favor. A nota negativa do encontro foi a lesión de Fran Rey; que a falta de probas todo fai indicar unha posible rotura do ligamento cruzado do xeonllo esquerdo.

O Calvo Xiria ten agora por diante un novo partido ás 20:30 o luns en Gran Canaria co Bm Ingenio.

Calvo Xiria 31 – Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal 34

Calvo Xiria (15+16): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p); Aarón Rodríguez (3), Esteban Puñal (2), Fran Rey, Julián García (1), Chimpo Rodríguez (8), Diego Vega (1), Pablo Veiga, Manu Méndez (1), Jorge Bouzas (7), Carlos Varela (3), Mario Cancela (4), Martín Fuentes (1).

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal (16+18): Ángel Taboas, Manuel Villalba, Roi Sierra (7), Pablo Álvarez, Nicolás Vizcaya, Adrián Lomba, Manuel Álvarez, Pablo Lorenzo (1), Ángel Riveiro, Xacob Novoa (8), David Costa (3), Nicolás Alberte (4), Jacobo Rodríguez (2), Xoel Martínez (3), Jacobo Soto (6), Manuel Cerviño.

Árbitros: Gabriel Folgoso e Jordan Suárez.

Marcador cada 5 minutos: 1-3, 5-5, 8-6, 11-10, 12-12, 15-16, (descanso), 18-17, 19-20, 23-24, 26-24, 28-28, 31-34 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 12ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).