O Calvo Xiria, campión de liga

O Calvo Xiria desprazouse ata Cangas para xogar a antepenúltima xornada de liga; contra o Automania Luceros; sabendo que se proclamou campión de liga o día anterior, co empate do Lanzarote, en Vecindario.

Respirábase un ambiente relaxado e festivo. Nobre xesto do Automania Luceros, que xunto ao colectivo arbitral; realizaron un corredor ao Calvo Xiria no momento de saltar á pista; gran profesionalidade e deportividade.

“Grazas de parte de toda a familia de Escolas Balonman Xiria”

O encontro carecía da tensión habitual; nun partido desta categoría. Os dous equipos xogaron a refachos; e o Calvo Xiria que sempre se mantivo por diante no marcador; viu como o seu rival; achegábaselle mediada a segunda parte, pero unha serie de contraataques finiquitaban o resultado e daban unha vitoria máis ao conxunto carballés. Tras o asubío final, os xogadores festexaron o éxito conseguido ata o momento.

Agora o cadro carballés seguirá coa súa posta a piques de cara á fase de ascenso, contando que lle restan dous partidos para chegar á cita. Este sábado ás 19:00 recibe no Vila de Noia ao Granitos Ibéricos Carballal.

Automanía Luceros 24 – Calvo Xiria 29

Automania Luceros (12+12): Javier Fernández, Adrián Bernández (1), Rubén Augusto, Xoel Martínez (3), Álex Rey (1), Ángel Riveiro (6), Erik Dasilva (1), Manuel Barreiro, Manuel Pérez, Gael Blanco, Yerom Alfaya, Miguel Pousa (8), Eric Bermúdez (4).

Calvo Xiria (16+13): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (4), Gabriel Castiñeiras (5), Fran Rey, Chimpo Rodríguez, Diego Vega (2), Juanka (2), Manuel Méndez (2), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas, David García (4), Adrián Losón (4), Edu Cousillas (6).

Marcador cada 5 minutos: 2-4, 5-6, 7-9, 9-11, 10-15, 12-16, (descanso); 14-18, 18-21, 20-22, 22-23, 23-26, 24-29.

Árbitros: Carlos Vera e Alberto Vera.

Incidencias: Partido correspondente a vixésimo octava xornada do Grupo A da Primera Estatal disputado no pavillón do Gatañal, en Cangas.